04 junio 2012

Ruta do Salnes (Camino Portugues - Camino Maritimo)

Aqui os dejo un bonito y descriptivo relato del recientemente recobrado Camino de Santiago - Ruta do Salnes, que une el Camino Portugues con la ruta Maritima hacia Santiago. Gracias Dos Pedales mil Caminos por tu aportación.

No dejeis de visitar su página

http://dospedalesmilcaminos.blogspot.com.es/2012/06/peregrinacion-santiago-el-camino-de.html#more

03 junio 2012

CAMINO DO SALNES



RUTA PONTEVEDRA – VILANOVA DE AROUSA(Unió do Camiño de Santiago Camiño Portugués con Maritimo)

ETAPA 1:


Pontevedra – Armenteira
Tramo 1- 2.- Ponte do Burgo – Cros 2.300,00 metrosIniciase a ruta na Ponte do Burgo, Concello de Pontevedra, na Via XIX Romana, da vella e fermosísima cidade do Lérez, deixando ás nosas costas as súas impresionantes prazas e rúas.  Este tramo da ruta percorre o Camiño Portugués e nel atoparemos, no km. 1,800, o miradoiro de aves da Xunqueira do Río Alba, recentemente calificada como espazo natural protexido (ENIL) promovido polo Concello de Pontevedra e na  que é fácil ollar diversas especies tales coma garzas, picapeixes, etc. Tramo chairo na súa totalidade, ideal para empezar a camiñar e ir quecendo os músculos.

Tramo 3.- Cros – Capela de Santo Paio – Parada de Abaixo: 1.750,00 metros.
Cruzamos a Ponte das Cabra e adentrámonos na parroquia de Campañó. Neste tramo pasaremos pola porta da antigua fábrica de fosfatos Cros e máis adiante  pola porta da Capela de Santo Paio, cuia construcción probablemente procede dun antigo santuario profano no que se facían sacrificios de animais. Nela venéranse os santos Paio, Xusto e Pastor, santos que foron nenos. Por iso se celebraba (e aínda fai pouco se celebrou algún) un rito no que se lle sacaba o “aire” aos nenos, para o cal facían falla dúas nenas virxes, das cales unha facía de oferente e outra de santo. Destacar tamén que o altar da capela está instalado sobre unha ara romana do S.III d.c. ainda que non está claro que sexa orixinario deste lugar. Este tramo é case todo chairo, agás unha subida duns 400 metros.

Tramo 4.- P. Abaixo – S. Pedro de Campañó – Fragamoreira (Poio): 1.750,00 metros.Este tramo lévanos polo corazón da Parroquia de Campañó. Nel atoparémonos coa igrexa parroquial de San Pedro do s. XVIII, de planta de salón e cun fermosísimo retábulo en madeira de 7 metros de alto x 4,50 metros de ancho.  Tamén pasaremos por diante da Casa da Cultura de Campañó, perfectamente habilitada, se fose o caso, para facer de albergue xa que ten as instalacións precisas para elo. Asemade, no mesmo lugar hai tres restaurantes e un hotel. O camiño continua polo vello camiño real que unía a Igrexa de San Pedro de Campañó co Mosteiro de poio, do que aínda queda unha parte do mesmo para disfrutar dende o alto de Campañó ata a Fragamoreira e no que atoparemos o marco de división entre os concellos de Pontevedra e Poio. Esta parte garda lendas coma a da Fonte da Moura, da que son testemuña os restos de mamoas que se atopan na zona. Tramo de subida suave durante uns 600 metros ata a igrexa de San Pedro de Campañó. A partir de aquí é chairo e de baixada suave.

Tramo 5.- Fragamoreira (Poio) – Mosteiro de Poio: 2.000,00 metrosEsta parte da primeira etapa lévanos ata o impresionante Mosteiro de Poio, declarado monumento histórico – artístico, que ao parecer foi fundado por San Fructuoso aló polo S.VII, aínda que non hai documentos desta gran construcción ata o ano 942. Hoxe en día convertida a parte residencial do convento en hotel, no seu día foi un importantísimo enclave relixioso habitado primeiro polos Benedictinos (1583 – 1890 ) e despois polos Mercedarios dende 1890. Ademáis do espectacular edificio da actual igrexa que substituiu á vella construcción medieval, a de hoxe é de estilo clasicismo antigo coa fachada barroca do S.XVII, e un fermosísimo retabulo churrigueresco. Podemos admirar dentro do mosteiro tamén o seu claustro no que se atopan os típicos mosaicos de poio así como o horreo de 121 metros e 51 pés. Tramo chairo agás un pequeño repeito de 100 metros.

Tramo 6.- Mosteiro de Poio – Grupo escolar de A Seca. 900,00 metrosDiríxenos este tramo cara ao mar, concretamente ata a zona deportiva de A Seca, en Poio, onde se atopan os Campos de Fútbol, un deles de herba natural e outro de herba sintética. Desviándonos  uns 400 metros tamén hai unha pequena ruta de muiños restaurados chamada da Freixa. Tramo de suave baixada na súa totalidade agás unha subida suave de 30 metros.

Tramo 7.- G. E.  A Seca – Combarro –Renda(Xuviño): 3.000,00 metros.Xa na veira do mar, esta parte da ruta vai polo ven coidado Parque da Memoria da Seca en Poio, e diríxese ata Combarro. Neste tramo poderíase  pasar pola praia se estivera marea baixa, pero un particular ten un antigo muelle pechado, coidamos que ilegalmente e polo cal non deixa pasar, pois ten a baixada pechada cunha porta, polo que nos priva dunha parte moi boa da ruta polas praias da Seca e a Pinela. Para substituir este tramo cruzaremos a estrada de A Toxa polo camiño do Casalvito ata Combarro, fermoso pobo declarado de interés turístico do que nos esperan os seus 30 horreos. Visita inexcusable a este formidable enclave cuias ben restauradas e coidadas rúas e casas mariñeiras nos transportan no tempo para facernos revivir a vida dos devanceiros do lugar adicada á pesca. Dende aquí continúa este tramo ata a capela da Virxe da Renda, na que se venera a Nosa Señora de Gracia, a cal procede da Illa de Tambo, onde ao parecer antiguamente se ubicaba un mosteiro fundado por San Fructuoso no S. VII.  Este Mosteiro fora atacado e destruido a finais do S.XVI polo pirata inglés Drake nunha das súas incursións polas rías galegas.  Ao parecer, a imaxe foi atopada por uns mariñeiros no mar e para gardala destes ataques construiuse esta capela que hoxe en dia celebra o 8 de setembro no Xuviño (Combarro) a súa festa maior. Tramo totalmente chairo ata  Combarro onde  a ruta se empina fortemente pola parte baixa da falda do Castrove e ten varias pendentes importantes (10 – 15%) durante uns 500 metros.

Tramo 8.- Renda(Xuviño) – Miradoiro  Loureiro - Canceira Poio.- 3.800,00 metros.Vai este tramo bordeando a parte media da falda do Monte Castrove, pasando algúns cruceiros no barrio Camiño do Regueiro e no Barrio Esperón, para continuar porriba do Campo de Fútbol de Combarro e chegar ao Miradoiro do Loureiro, con espectaculares vistas da Ría de Pontevedra. Continúa o camiño ata o lugar onde se atopa a canceira de poio. Gran parte da ruta váinos amosando fermosas vistas da Ría, chegando incluso a ollarse as Illas Cíes. Tramo de subida un pouco máis suave aínda que ten algún tramo algo duro (10 %)

Tramo 9.- Canceira de Poio – Estrada a Escusa a Busto.- 1.800,00 metros.Esta parte, na que poderemos seguir ollando fermosas vistas da Ría e o propio Monte Castrove xa é a máis suave da subida, con tramos chairos e pequenos outeiros. Lévanos polo tramo máis alto da ruta ata o límite de Meis con Poio.

Tramo 10.- Estrada a Escusa a Busto – Armenteira.- 2.350,00 metros.
Nada máis iniciarse este tramo, atopamos os petroglifos do Outeiro do Cribo, para continuar, xa en suave baixada, por camiños da ladeira Oeste do Monte castrove ata atopar, case ao final da etapa, un fermoso sendeiro no que podemos admirar un muiño de cubo de pedra, redondo, antes de chegar ao  Mosteiro de Armenteira,  do S. XII fundado, según nos dí a lenda, por San Ero e do que só queda a igrexa da construcción orixinal, que mantén a austeridade e sencillez e beleza que naquel intre lle deu a Orde do Císter. Non poderemos deixar de ollar o seu claustro, que se iniciou no S.XVI. e que foi rematado no S.XVIII. Será a  Armenteira un bo lugar para descansar, pois estase a construir neste lugar unha das pousadas da Rede de Pousadas do Salnés, co cal temos o descanso asegurado unha vez rematada a primeira etapa desta ruta. Poderemos xantar en algún dos restaurantes do lugar os pratos típicos da cociña galega. Este tramo é chairo ao principio, e con baixada suave o resto. Tal vez na última parte deste tramo (1 km., aproximadamente), deberemos ter un pouco màis de coidado con algunha pendente un pouco máis forte durante o paso polo sendeiro antes mencionado.

ETAPA 2
Armenteira – Vilanova de Arousa


Tramo 1.- Armenteira – Bosque dos Frades.- 1.600,00 metrosSaimos da Armenteira e iniciamos esta etapa pola ruta da Pedra e da Auga (Muiños do Serén), recentemente construida, que nos transporta aos séculos XVIII – XIX, cos máis de 50 muiños restaurados e os restos do aserradeiro, todo movido pola forza da auga. É a parte máis fermosa de toda a ruta xa que discorre entre bosques de ameneiros, salgueiros, loureiros, fentos etc., co son da auga acompañándonos durante todo o camiño. Non haberá que fixarse moito para ollar alguha das moitas troitas do cristalino regato da Armenteira. Todo este tramo discorre en baixada. Haberá que camiñar con xeito por algunha das partes do descenso por mor dalgún escalón, aínda que en ningún momento ten un risco importante.

Tramos 2-3.- Bosque dos Frades – A Regueira – Rotonda Barrantes.- 4.900,00 metrosSeguimos neste tramo baixando pola ruta da pedra e da auga pero xa na súa parte máis suave. Atoparemos pola metade deste tramo a Aldea galega, na que poderemos instruirnos sobre a vida rural na Galiza con construccións en pedra tales coma unha capela, un horreo, forno, carro, etc.
 A carón desta instalación poderemos, se o desexamos, parar nun pequeno bar no que se poden degustar tapas. Eiquí temos baños públicos. Continuamos por stes dous tramos ata chegar ao concello de Ribadumia  pola ruta dos Muiños de Barrantes, una das primeiras que se creou na Galiza. Unha vez iniciado este tramo xa nos imos adentrando entre plantacións de albariño, tinto de barrantes e  cultivos hortícolas. Chegamos á rotonda de Barrantes por zona chaira e sen deixar o río. Toda esta parte é moi cómoda para camiñar pola suavidade e conservación do camiño.

Tramo 4.- Rotonda de Barrantes – Ribadumia (Loureiro).- 1.700,00 metros.Iniciamos o tramo deixando a carón do camiño o Pazo de Barrantes, de orixe moi antiga, probablemente fose no seu día unha torre defensiva das loitas contra os musulmáns. Pertencente á familia Creixefl dende o S.XVI, hoxe en dia está este fermoso pazo éstá vinculado ao cultivo do albariño. Este tramo, todo él chairo, lévanos ata o lugar de Loureiro, a carón da Ponte de Barrantes, deixando á nosa dereita ao núcleo do pobo de Barrantes, o máis importante do Concello de Ribadumia, onde se atopa a Casa do Concello. En Barrantes podemos atopar varios restaurantes onde poder degustar pratos típicos da zona. Este tramo é chairo e moi cómodo para camiñar.

Tramo 5.-  Ribadumia (Loureiro) – Ponte de Cabanelas.- 1.900,00 metros.É o máis interesante do concello de Ribadumia dende o punto de vista de servicios xa que nel podemos atopar, a carón do rio, as piscinas municipais e o náutico de Ribadumia. Asemade, a pouca distancia da Ponte de Cabanelas están  o Tanatorio, Campo de Fútbol, Pavillón de Deportes e a que vai ser a Pousada de Ribadumia, dentro da rede de Pousadas do Salnés. Tamén temos na mesma zona, a poucos metros da ruta, os muiños do Batán restaurados fai poucos anos e a Igrexa de Ribadumia, na que se venera a imaxe de Santa Baia a cal se atopoa nun frontón enriba da porta principal. A construcción orixinal era de planta románica pero foi profundamente reformada durante o Barroco. Tramo totalmente chairo e moi cómodo para camiñar polo sendeiro recentemente arranxado pola Deputación de Pontevedra.

Tramo 6- 7.- P. de Cabanelas – Campo da Vila – Pontearnelas.- 2.900,00 metros.Cruzando a ponte de Cabanelas, a poucos metros adentrámonos xa no concello de Cambados, e podemos disfrutar da paisaxe de plantacións hortícolas, viñedos de Albariño, e da fauna e flora do rio. Chegaremos ata Pontearnelas, que recibe o seu nome da ponte medieval construida sobre outra romana anterior, tamén chamada Ponte dos Padriños según testimonia o seu escudo.  Este último nome está relacionado cun rito prenatal que se facía na ponte e que consistía en que no caso de que unha muller correse o risco de perder ao seu fillo durante o embarazo, ía ata a ponte cunhas viandas e pedíalle ao primeiro/a home ou muller  que pasara que lle bautizara a barriga con auga do rio. Regaláballe as viandas ao home e se o embarazo chegaba a bo fín, quen bautizara a barriga sería o padrino ou madriña do neno. En Pontearnelas podemos atopar a Igrexa de Santa Marta, que celebra a súa romería o 29 de xullo, á cal acuden gran cantidade de devotos con problemas auditivos. Tamén se celebra neste lugar dende fai anos unha concurrida festa medieval a primeiros do mes de xullo. Todo o percorrido destes dous tramos é chairo e moi cómodo para camiñar.

Tramo 8.- Pontearnelas – Monte Treviscoso (Tremoedo).-  3.500,00 metros.
Iniciamos este tramo xa entrando no Concello de Vïlanova de Arousa, que nesta parte máis interior se adica ao cultivo da terra, con viñedos e hortas. A pouco de saír, atoparemos a capela de San Pedro de Mouzos, de construcción recente (1979), restaurada no ano 1999,  para chegar xa ao final do tramo á igrexa de Santo Estevo de Tremoedo. A Igrexa Parroquial de  Tremoedo está adicada a Santo Estevo, Construida en pranta con cruz latina irregular, consérvase en bo estado. A súa construcción dátase no S. XVI e ten dous retablos interesantes, un barroco e outro neoclásico. Atópanse as campás ubicadas nunha espadaña de dous corpos moi vistoso, con dous vans de medidas distintas. Tamén hai que subliñar a Casa Rectoral, do S. XVII, con pranta en forma de L, cunha ampla escalinata de acceso e un pequeño escudo. Remata este tramo, todo él chairo, ao pé do Monte Treviscoso.

Tramo 9.- Monte Treviscoso (Tremoedo) – San Miguel de Deiro.- 2.500,00 metrosSubimos cara ao Monte Treviscoso durante uns 400 metros, atopando á saída do devandito monte cunha duas  coñecidas bodegas de albariño cos seus viñedos. Seguimos cara a San Miguel de Deiro, coa súa igrexa de pranta en cruz latina cun frontispicio no que podemos destacar a porta dintelada coa moldura que a enmarca. O seu campanario está a dereita do frontispicio, ten catro vans, un en cada unha das caras e remata nunha cúpula octogonal con motivos ornamentais. Destacar tamén o cruceiro do adro, co varal que semella un tronco dunha árbore. Coñecida é a Festa dos Fabóns que se celebra coincidindo co patrón san Miguel a primeiros do mes de maio, na que se ensalza este producto con degustacións de centos de kilos. Tramo todo el chairo agás a pequena subida do Monte Treviscoso.

Tramo 10.- San Miguel de Deiro – O terrón.- 3.500,00 metrosIniciamos este tramo camiñando en dirección ao San Roque do Monte, onde se atopa a capela do mesmo nome e da cal hai documentos dende 1607. Foi construida a actual probablemente a finais do S. XVI a iniciativa dos irmáns Marcos, Vasco e Fernando de Cores. A construcción é de estilo románico tardío, con corpo rectangular, tellado a dúas augas e campanario central en espadaña de dous vans. Está enclavada nun fermoso entorno, a carón da casa de Pomares, que foi quen donou a capela aos vecinos así como o campo da festa. Tamén podemos ollar no lugar un cruceiro de talla sinxela. Dirixímonos dende eiquí xa ata o mar, á Praia do Castelete, camiñando á veira de outras pequeñas praias,  deixando á nosa esquerda unha fermosa vista da Illa de Arousa e da provincia da Coruña. Cruzaremos por debaixo da Ponte da Illa de Arousa, construida no ano 1985 e rehabilitado no 2010, que mide 2 km de lonxitude e e que permite chegar en vehículo ata a illa, de 7 km2, a cal se está a convertir nun importane enclave turístico  que conta con 11km de praias. Rematamos este tramo, todo el chairo e en suave baixada na zona do Terrón, onde ao pé dun camping que leva o mesmo nome e no que atoparemos un camping e un hotel se desexamos aloxarnos.

Tramo 11.- O Terrón – Vilanova .- 1.500 metrosXa no último tramo, dirixímonos pola beira das praias ata a Punta Ariño, onde cruzaremos o Esteiro  pola pasarela para chegar a Vilanova de Arousa, patria de Valle Inclán e punto final desta etapa. Este pobo de fonda tradición mariñeira, que a pesar do seu nome, é unha vila moi antigua (Villannovam do S.XII), na que o marisco é a estrela dos seus productos, é tamén hoxe unha importante atracción turística pola súa situación xeográfica na Ria de Arousa, a cal lle dá un clima suave tanto no verán coma no inverno e unha calidade paisaxístida indubidable. Podemos visitar neste pobo, entre outros, o Museo Valle Inclan e o Julio Camba. Destacar tamén o seu  porto deportivo recen construido.  Remata eiquí esta 2ª etapa, totalmente chaira e cómoda para camiñar.